Alumnado con EF PENDIENTE

ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, DE RECUPERACIÓN E DE AVALIACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES. 1. No caso de incorporarse alumnado coa área de E. Física pendente, e en orde a elaborar un programa de reforzo coa finalidade de acadar aqueles obxectivos que non fosen superados, adoitaranse as seguintes medidas: • Farase unha avaliación inicial, para determinar o punto de partida, tendo en conta os diferentes bloques de contidos. • Darase reforzo nas clases prácticas propoñendo actividades específicas axeitadas aos aspectos deficitarios do control do corpo nas habilidades básicas do nivel correspondente non superado. 2. Sen detrimento do exposto e, debido a especial carácterística da E. F. calquera alumno/a coa materia pendente do ano anterior que aprobe os dous primeiros trimestres do curso actual, darase automáticamente por superada a materia pendente coa mesma nota que a nota media das duas avaliacións aprobadas. 3. No caso de que non aprobe as duas primeiras avalaicións no curso actual o alumno/a terá a oportunidade de recuperar a matería cunha proba final de materias pendentes en data establecida pola xefatura do centro. O único exame escrito será dos contidos do ano anterior pendente, dito material será facilitado polo profesorado e para garantir un seguimento do mesmo por parte do alumnado pautaranse datas de revisión dás tarefas anexas a dito material. 4. O exame constará de preguntas tipo test cun valor de 5 puntos e varias preguntas de respostas curtas e/ou desenvolver cun valor de outros 5 puntos, en total 10 puntos. 5. A cualificación final será a media deste exame ponderada co 90% máis o traballo do alumno/a no ano actual ponderado cun 10%.

Comentarios

Entradas populares de este blog